Buscar neste Blog

11 jul 2013

Novidades na codificación dos videos


Ola boas!
Como o propio titulo indica, vanse producir varios cambios na codificación dos vídeos que afectarán ós animes que comecemos dende agora. Hai que salientar que eses cambios na codificación afectaran directamente á calidade, ó tamaño e ó formato dos vídeos dende agora e están provocados polo cambio do programa de codificación final.
  • No aspecto da calidade atreveríame a dicir que terán, por varias probas que fixen, o dobre de calidade que antes.
  • Con respecto ao tamaño, de agora en diante os episodios van a pasar a ocupar aproximadamente 340-350 MB obtendo un tamaño dos arquivos mais uniforme. 
  • Por ultimo, con respecto ao formato, deixaremos de lado o formato "H264 mp4" para darlle paso ao "HD AVI". Con este cambio, deberíase de conseguir unha maior compatibilidade e, ao mesmo tempo, calidade.
Para finalizar esta corta entrada informativa, sinalo que os animes que continuarán sendo publicados en formato "H264 mp4" serán:
  • Shingeki no Kyojin
  • Devil Survivor 2: The Animation
  • Evangelion (este comezará a publicarse dobrado ao galego en breve)
 Mentres que o anime, ata agora, que vai ser publicado integramente en formato "HD AVI" será o anime estrea desde verán en OPFnoFansub:
  • Deadman Wonderland

Se queres estar ao tanto de todas as novidades non dubides en seguirme ao Twitter
(Barra lateral dereita)

Algún comentario?

Deixa un comentario.

ENTRADAS RECENTES

OS MÁIS VISITADOS