Buscar neste Blog

14 dic 2015

Assassination Classroom 02: Hora de Béisbol

Capítulo 1: Hora de Béisbol


Segundo capítulo desta frenética e loca serie no que empezaremos a coñecer un pouco mais a algun dos protagonistas e, como non, a este profesor taaaaaan raro.
Espero que vos guste moito e o compartades cos vosos amigos e amigas~!

LIGAZÓNS EN MEGA:

[OPFnF] Assassination Classroom 02 [720] [SubGal].avi (400.0 MB)


Se queres estar ao tanto de todas as novidades non dubides en seguirme ao Twitter
(Barra lateral dereita)

6 dic 2015

Assassination Classroom 01: Hora de asasinar

Capítulo 1: Hora de asasinar


Finalmente, despois de moito agardar, aqui está o primeiro capítulo deste anime co que vos aseguro que vos botaredes mais de unha risa!
Espero que vos guste moito e o disfrutedes tanto coma min mentres o subtitulaba~

LIGAZÓNS EN MEGA:

[OPFnF] Assassination Classroom 01 [720] [SubGal].avi (399.2 MB)


Se queres estar ao tanto de todas as novidades non dubides en seguirme ao Twitter
(Barra lateral dereita)

Assassination Classroom




DATOS DA SERIE:
Título orixinal: 暗殺教室 (Ansatsu Kyōshitsu)
Ano: 2015
Capítulos: 22
Duración: 23 minutos.
Temática:  Acción, Comedia, Sobrenatural
País: Xapón

SINOPSE:
Unha criatura destruíu o 70% da Lúa, deixándoa nunha fase crecente perpetua, ademais, este ser anuncia aos seres humanos que, nun ano, a Terra correrá a mesma sorte a menos que os estudantes da clase 3-E do instituto Kunugigaoka, onde dá leccións sobre asasinato, consigan matalo, unha fazaña que tería, ademais, unha recompensa do goberno xaponés de dez mil millóns de yens.

25 nov 2015

Volta ao funcionamento [Info]



Compraceme bastante estar escribindo agora mesmo esta entrada, pois veñovos a informarvos de que o blogue volve a mover os engranaxes e volve a funcionar de novo.

Pasaron algo mais de dous anos dende a última publicacion, cando por varios motivos tiven que deixar de lado isto por un tempiño... (non tan "iño")

Pero o importante e que estamos de volta! E con moitas ganas!
Ademais, case todas as ligazons estan xa completamente actualizadas, con todo resubido a MEGA, listo para descargar de novo. (salvo Devil Survivor 2: The Animation, que por algunha razon, o DVD no que a grabei non me funciona. Estou a espera de se a consigo recuperar, se non subtitularemola de novo)

Xa vin anunciando os ultimos dias unha das novas series que en ben pouquiño tempo apareceran polo fansub; Ansatsu Kyoushitsu, ou Assassination Classroom. Un anime que ten como protagonista a un polbo amarelo e a unha clase de xente marxinada que, ademais do obxetivo academico, tamen contan co obxetivo de asasinar ao seu profesor, o polbo Koro-sensei. A verdade e que con este anime as risas estan aseguradas!

Pero o importante e que non só van a aparecer novos animes, senon que tamen aparecerá algunha que outra sorpresa moooi especial, e non tardarán en aparecer.

Estades todos convidados a reapertura de OPFnoFansub!
Co mellor anime, en Galego
E xa sabedes, se queredes estar ao tanto de toooodas as novidades e novas entradas, é tan facil como seguir a conta de Twitter do blogue, na barra lateral dereita.

Avisádelle aos despistados dos vosos amigos para que visiten o fansub ; ) 
(esperemos que non haxa ningunha pausa asi de longa outra vez :p) 

ENTRADAS RECENTES

OS MÁIS VISITADOS