Buscar neste Blog

25 nov 2015

Volta ao funcionamento [Info]



Compraceme bastante estar escribindo agora mesmo esta entrada, pois veñovos a informarvos de que o blogue volve a mover os engranaxes e volve a funcionar de novo.

Pasaron algo mais de dous anos dende a última publicacion, cando por varios motivos tiven que deixar de lado isto por un tempiño... (non tan "iño")

Pero o importante e que estamos de volta! E con moitas ganas!
Ademais, case todas as ligazons estan xa completamente actualizadas, con todo resubido a MEGA, listo para descargar de novo. (salvo Devil Survivor 2: The Animation, que por algunha razon, o DVD no que a grabei non me funciona. Estou a espera de se a consigo recuperar, se non subtitularemola de novo)

Xa vin anunciando os ultimos dias unha das novas series que en ben pouquiño tempo apareceran polo fansub; Ansatsu Kyoushitsu, ou Assassination Classroom. Un anime que ten como protagonista a un polbo amarelo e a unha clase de xente marxinada que, ademais do obxetivo academico, tamen contan co obxetivo de asasinar ao seu profesor, o polbo Koro-sensei. A verdade e que con este anime as risas estan aseguradas!

Pero o importante e que non só van a aparecer novos animes, senon que tamen aparecerá algunha que outra sorpresa moooi especial, e non tardarán en aparecer.

Estades todos convidados a reapertura de OPFnoFansub!
Co mellor anime, en Galego
E xa sabedes, se queredes estar ao tanto de toooodas as novidades e novas entradas, é tan facil como seguir a conta de Twitter do blogue, na barra lateral dereita.

Avisádelle aos despistados dos vosos amigos para que visiten o fansub ; ) 
(esperemos que non haxa ningunha pausa asi de longa outra vez :p) 

ENTRADAS RECENTES

OS MÁIS VISITADOS