Buscar neste Blog

8 jun 2013

Últimas novidades do blog. (IMPORTANTE)

Boas tardes!

Xa fai varias semanas que non temos publicado nada novo no blog. A razón é moi simple: Ultimamente a fiabilidade do servidor que ata agora estabamos a usar (TusFiles.net) está decaendo moi rapidamente. Cada pouco tempo prodúcense caídas nos servidores, non é posible descargar e mesmo as subidas fallaban moi a miúdo e había que comezar de novo, o que provocaba máis retrasos á hora de subir un capítulo.

Como resultado destes erros, decidín cambiar o servidor de subida cara outro que, ao meu parecer, é mellor. Non inserta publicidade, pódese baixar sen límite de descargas paralelas e, o mellor de todo, non se deverian de borrar os arquivos xa subidos.

Tiña pensado ter todas as series que xa subira a TusFiles a Wuala (o novo servidor) para este fin de semana pero, debido á falta de tempo e a algunhas inclemencias do tempo que non me permiten acceder a internet, non me foi posible. Con todo, agardo que durante a vindeira semana xa esté todo pasado ao novo servidor para ir publicándoo canto antes.

Con respecto ás series que temos en proceso, Shingeki no Kyojin e Devil Survivor 2: The Animation, non nós olvidamos delas e seguimos subtitulando espisodios. Sacaremos unha v2 que terá algúns erros corrixidos, ademais de algunhas melloras. Estes episodios iranse publicando cando o resto esté ao día.

Finalmente, só me queda anunciar que xa temos varios animes no forno para cando rematen os dous citados anteriormente, ademais dalgunha sorpresiña que irei desvelando en breve.

Nada máis por hoxe xente. Lembrade falarlle desta páxina aos vosos amigos e coñecidos, así como seguirme no Twitter en @OPFnoFansub para estar ao tanto das novidades.

OPFnoFansub -O mellor anime, en Galego-

Algún comentario?

Deixa un comentario.

ENTRADAS RECENTES

OS MÁIS VISITADOS