DATOS DA SERIE:
Título orixinal: デッドマンワンダーランド (Deddoman Wandārando)
Ano: 2011
Capítulos: 12 + OVA
Duración: 24 minutos.
Temática: Acción, Drama, Sobrenatural, Psicolóxico, Gore
País: Xapón
SINOPSE:
A historia transcorre en Tokyo 10 anos despois dun gran terremoto que afunde o 70% do territorio no océano. Ganta Igarashi é un sobrevivinte de 14 anos e non recorda nada sobre o incidente, vive unha vida normal, ata que un día en clase aparece un estraño suxeito vermello, que asasina a todos os seus compañeiros deixándoo vivo só a el!! non sen antes introducir un cristal vermello no seu peito. Despois de acontecido o crime, Ganta é culpado polo masacre e sentenciado a cadea perpetua na prisión chamada Deadman Wonderland. Non é unha prisión calquera, é un macabro lugar onde a principal atracción son os presos, servindo á vez como Staff e Animadores. Debido á cruel natureza do "crime de Ganta" súmase unha condena a morte, colocándolle un colar que inxecta lentamente unha dose de veleno, e para conseguir o antídoto, deberá participar nalgúns mortais xogos, ademais debe encontrar o verdadeiro asasino para probar a súa inocencia.
PROMO:
Primeiro capítulo: domingo, 14 de xullo de 2013
Se queres estar ao tanto de todas as novidades non dubides en seguirme ao Twitter
(Barra lateral dereita)
(Barra lateral dereita)
Algún comentario?
Deixa un comentario.