Ola boas!
Como o propio titulo indica, vanse producir varios cambios na codificación dos vídeos que afectarán ós animes que comecemos dende agora. Hai que salientar que eses cambios na codificación afectaran directamente á calidade, ó tamaño e ó formato dos vídeos dende agora e están provocados polo cambio do programa de codificación final.
- No aspecto da calidade atreveríame a dicir que terán, por varias probas que fixen, o dobre de calidade que antes.
- Con respecto ao tamaño, de agora en diante os episodios van a pasar a ocupar aproximadamente 340-350 MB obtendo un tamaño dos arquivos mais uniforme.
- Por ultimo, con respecto ao formato, deixaremos de lado o formato "H264 mp4" para darlle paso ao "HD AVI". Con este cambio, deberíase de conseguir unha maior compatibilidade e, ao mesmo tempo, calidade.
- Shingeki no Kyojin
- Devil Survivor 2: The Animation
- Evangelion (este comezará a publicarse dobrado ao galego en breve)
- Deadman Wonderland
Se queres estar ao tanto de todas as novidades non dubides en seguirme ao Twitter
(Barra lateral dereita)
(Barra lateral dereita)
Algún comentario?
Deixa un comentario.