Compraceme bastante estar escribindo agora mesmo esta entrada, pois veñovos a informarvos de que o blogue volve a mover os engranaxes e volve a funcionar de novo.
Pasaron algo mais de dous anos dende a última publicacion, cando por varios motivos tiven que deixar de lado isto por un tempiño... (non tan "iño")
Pero o importante e que estamos de volta! E con moitas ganas!
Ademais, case todas as ligazons estan xa completamente actualizadas, con todo resubido a MEGA, listo para descargar de novo. (salvo Devil Survivor 2: The Animation, que por algunha razon, o DVD no que a grabei non me funciona. Estou a espera de se a consigo recuperar, se non subtitularemola de novo)
Xa vin anunciando os ultimos dias unha das novas series que en ben pouquiño tempo apareceran polo fansub; Ansatsu Kyoushitsu, ou Assassination Classroom. Un anime que ten como protagonista a un polbo amarelo e a unha clase de xente marxinada que, ademais do obxetivo academico, tamen contan co obxetivo de asasinar ao seu profesor, o polbo Koro-sensei. A verdade e que con este anime as risas estan aseguradas!
Pero o importante e que non só van a aparecer novos animes, senon que tamen aparecerá algunha que outra sorpresa moooi especial, e non tardarán en aparecer.
Estades todos convidados a reapertura de OPFnoFansub!
Co mellor anime, en Galego
E xa sabedes, se queredes estar ao tanto de toooodas as novidades e novas entradas, é tan facil como seguir a conta de Twitter do blogue, na barra lateral dereita.
Avisádelle aos despistados dos vosos amigos para que visiten o fansub ; )
Avisádelle aos despistados dos vosos amigos para que visiten o fansub ; )
(esperemos que non haxa ningunha pausa asi de longa outra vez :p)
Alégrome moito! Despois do que dixeras no foro de OADM, tiven curiosidadde por ver se repoñeríades todo, e se comezabades con algo novo. Polo que vexo, xa empezastes cunha. Non a pensaba ver nun curto españo de tempo, pero vendo que está en galego, terei que ir vendo Assassination Classroom ;)
ResponderEliminarUn saúdo e ánimo coa nova etapa?
PD: por curiosidade, en OADM son odetectivegalego
Moitas gracias!
EliminarImos lentos pero seguros(?)
Teño pensado a medio plazo subir algunhas cousiñas bastante interesantes, a ver se os estudos e esas cousas nos deixan un pouco mais de tempo libre -.-"
xa jajaj eu tamén o digo, que menudo traxín levo cos examaes que non me deixan nada de tempo para isto. Dragon Ball Super, cos correctores tamén fóra de combate e comigo (o teórico "coordinador" do proxecto) sen tempo, non sacamos nada dende fai milenios XP. Por certo, boisísisisima serie e moi boa tradución/ subtitulado, gustoume moito e quedeime xa esperando a que subades máis.
EliminarAgardando ansioso por esa "sorpresa" (se é one punch man,fágoche un monumento ;P)